SAUDADE
Iste delor da terra, que me aruña
na outa cova dos soños onde teño
o meu segredo amor;
ista percura
de vieiros sin termo para o esprito
esligante de terra non andada;
iste voar ás toas polos ares
do degaro, do afán, da señardade...
Iste querer e non querer, aeito
loitando por abrirse na fiestra
do pensamento; ista doente arela
dun dia lumioso; iste desleixo
do corpo que me leva manseliño;
ista fondal anguria
de brétemas, en ronda dunha espranza...
Ista saudade, ¡ai, Déus!, si Ti ma deches,
non a tires de min, pois nela vivo.
(Canle Segredo, Xosé Ma. Alvarez Blázquez)
Para os que temos mais d'unha patria, para nós, unha aperta e bicos.
dijous, 24 de juliol del 2008
NÓS
Subscriure's a:
Comentaris del missatge (Atom)
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada